Que é Ancoradoiro?

Ancoradoiro é unha iniciativa cidadá que constitúe unha cooperativa, que persigue construír un centro de atención para persoas maiores, no que se poida convivir de forma colaborativa.

Situación actual

Na pasada asemblea de novembro (2024), en Ancoradoiro decidimos prescindir da opción de compra mantida sobre as parcelas da Zona Franca de Vigo en Porto do Molle (Nigrán), tras non alcanzar o número de persoas suficientes para a viabilidade económica e social de proxecto.

Pero o proxecto non acaba aquí! Tras analizar este proceso errado, nos atopamos nunha fase de revisión do modelo actual para contemplar novas liñas que camiñen da man da propiedade cooperativizada. Segue lendo.

Nova estratexia

O noso propósito é traballar por ese espazo de convivencia colaborativa que cremos necesario e útil para o noso benestar futuro e isto require manter viva a cooperativa.

Este novo modelo revisado farase cos cooperativistas que forman actualmente Ancoradoiro. Ao seu desenvolvemento poden contribuír persoas interesadas que formarán parte dunha lista ordenada para que, chegado o momento, poidan decidir se desexan sumarse á Cooperativa Ancoradoiro.

Con esta perspectiva comezamos o Aninovo, superando unha etapa que nos mantivo ilusionados e tratando de crear outro modelo. Porque diso se trata, organizar é crear e definir as mellores condicións de vida posible tanto na formación e desenvolvemento como na súa posta en marcha.

Contacta connosco

Podes facelo a través do seguinte correo info@ancoradoiro.org ou no noso perfil de Facebook.

Ancoradoiro en medios