As cooperativas son sociedades de capital variable que, a través do exercicio de actividades socioeconómicas, desenvolve unha empresa de propiedade conxunta de todos os socios. A nosa finalidade consiste en prestar servizos e satisfacer necesidades e aspiracións dos seus socios, mediante a súa participación activa e en interese pola comunidade. Contamos cunha estrutura e xestión democráticas, en réxime de libre adhesión e baixa voluntaria, distribuíndose os resultados económicos en función da actividade cooperativizada realizada.
No seguinte enlace podes consultar a información das asociacións cooperativas inscritas no Rexistro de Cooperativas.