Relación de premios: (+ info)
1º premio: “Reposo”, de Piru Dasilva.
2º premio: “O ollar non ten límites”, de Ana María Vila.
3º premio: “Muller rural galega”, de Marisa Celada.
En Ancoradoiro Cohousing lanzamos o noso primeiro Concurso de Fotografía. O tema principal é o que inspira o lema “O ollar das persoas maiores”.
Do 15 de xuño ao 15 de xullo, envíanos a túa obra
Para participar no noso concurso, cada participante deberá presentar unha obra -orixinal e inédita- inspirada no lema “O ollar das persoas maiores”. Deberá remitirse por correo electrónico ao seguinte enderezo concursofoto@ancoradoiro.org, indicando no Asunto “I Concurso de Fotografía Ancoradoiro”, e no corpo da mensaxe os datos da autoría: nome, apelidos, data de nacemento, municipio, teléfono, enderezo electrónico, título da obra e seudónimo (se non se desexa que sexa pública a autoría).
Poderá participar no concurso fotográfico calquera persoa maior de 50 anos e menor de 70, residente en Galicia.
Do 20 de xullo ao 1 de agosto, votación popular no noso Facebook
O fallo do I Concurso de Fotografía producirase por sistema de votación directa e pública, entre os días 20 de xullo e 1 de agosto, no noso perfil de Facebook.
Para poder realizar a votación popular, publicaremos un álbum con todas as fotografías participantes. Os usuarios poderán votar pola súa fotografía favorita dando like ou me encanta nela. Os votos negativos (se os houbese) non penalizan.
Listado de premios
Primeiro premio: unha consulta de podoloxía e clases de Ioga Oncolóxico, durante un mes, en FisioNavia.
Segundo premio: cheque regalo en de 200 euros en Óptica Varela.
Terceiro premio: cheque regalo de 150 euros en Navia Gestión, para a contratación de pólizas ou servizos. Os premios non son nominativos e non se trocarán por efectivo. Cada participante non poderá obter máis que un premio e este caducará aos tres meses.
Ademáis, as persoas que participan, disfrutarán dun desconto en todos os productos ou servizos que ofrecen os establecementos colaboradores deste Concurso, ata a data do fallo.
No seguinte botón, pódense consultar as bases legais do concurso.