A Universitat Oberta de Catalunya está a realizar un proxecto de investigación -MOVICOMA- sobre o cohousing en España. O obxectivo é identificar os factores que inciden no xurdimento e desenvolvemento, expansión e consolidación da vivenda colaborativa para a terceira idade, para poder avaliar despois o impacto psicosocial nas persoas.
O primeiro paso na investigación foi a elaboración dun mapa para localizar os diversos proxectos de vivenda colaborativa para a terceira idade e en que fase están.
A través desta ligazón – movicoma.blogs.uoc.edu/mapa– podedes consultar o mapa de vivendas colaborativas entre as que se atopa Ancoradoiro Cohousing.
Ademais, na páxina web do proxecto MOVICOMA –movicoma.blogs.uoc.edu– poderedes atopar información de interese e actualidade sobre o senior cohousing en España.