En Ancoradoiro damos un paso máis e avanzamos no noso obxectivo. Tras varios anos buscando terreo para impulsar o modelo de vivendas colaborativas, as parcelas da Zona Franca -na área de servizos de Porto do Molle (Nigrán)- preséntanse como unha oportunidade para facer realidade este proxecto.
Tal e como recolle Faro de Vigo, tras presentar a documentación á opción de compra das parcelas por parte de Ancoradoiro, a proposta de adxudicación se levará ao comité executivo do Consorcio este mes de xaneiro.
Sobre a localización en Porto do Molle, a presidenta da cooperativa, Lucía Calvo, considera que “é moi interesante polo potencial de servizos que ofrece a área industrial e comercial, que se dota, á súa vez, dun compoñente social e de equipamentos que pode resultar moi atractivo para os intereses da propia zona e do municipio”.
Máis información e declaracións na noticia.