O pasado sábado, 29 de maio, celebramos a nosa asemblea anual na sede da Deputación de Pontevedra en Vigo. Tras unha primeira parte administrativa restrinxida aos socios da entidade, ás 12:00 horas tivo lugar a presentación dos estudos previos á redacción do proxecto arquitectónico, elaborados polo estudo Irisarri-Piñera, para a edificación na que os integrantes da cooperativa poderán vivir e envellecer de forma colaborativa.
A través desta ligazón, podes consultar a noticia completa publicada en Faro de Vigo: https://www.farodevigo.es/gran-vigo/2021/05/30/arquitectos-presentan-cohousing-senior-edificio-52406643.html