Hispacoop é a Confederación Española de Cooperativas de Consumidores e Usuarios e como tal agrupa e coordina a un total de 175 cooperativas de consumidores de toda España que á súa vez representan 5.747.959 socios consumidores, 48.367 traballadores e un volume de facturación de 8.393,96 millóns de euros, segundo datos de 2018.
Sobre esta base, Hispacoop como organización representativa sen ánimo de lucro, exerce desde 1990 a súa actividade nunha dobre vertente:
> ACTIVIDADE COOPERATIVO – EMPRESARIAL representando os intereses das cooperativas de consumo ante institucións e foros nacionais e internacionais. Para iso Hispacoop está inscrita como Confederación de Cooperativas de Consumo no Rexistro Estatal de Cooperativas, con arranxo ao Art. 117 da Lei 27/199 de cooperativas, do 16 de xullo.
Algunhas das cooperativas de consumo ás que Hispacoop representa, son empresas líderes de distribución de produtos e servizos en moi diferentes sectores da economía como son, entre outros, a distribución comercial de produtos de gran consumo, a subministración de enerxía eléctrica, a prestación de servizos sanitarios ou a distribución de libros e produtos culturais.
> ACTIVIDADE CONSUMERISTA actuando como asociación de consumidores e usuarios, ao ser un dos seus obxectivos fundacionais o defender, informar e formar aos consumidores sobre aqueles temas que poidan ser do seu interese.
Hispacoop figura rexistrada como Asociación de Consumidores no Rexistro Estatal de Asociacións de Consumidores e Usuarios da Dirección Xeral de Consumo, con arranxo ao Art. 23.1 segundo parágrafo, do Real Decreto Lexislativo 1/2007, do 16 de novembro polo que se aproba o texto refundido da Lei Xeral para a Defensa dos Consumidores e Usuarios e outras leis complementarias.